Deseñamos as nosas receitas con meticulosidade, e facemos os lotes para achegar os nosos productos ao público local.

A nosa primeira e máis querida receita

APAIXONANTE

Notas a cereais torrados con matíz de caramelo, seguido do sabor frutado das grandes cervexas americanas, nas que predomina un final amargo e moi refrescante.

American Pale Ale
5´4% ABV - 40 IBU

Festa de lúpulo para engatar os sentidos

ENGATADEIRA

Cervexa fiel ao estilo americano e de aspecto brillante. O lúpulo é o principal protagonista da nosa DDH IPA, chea de notas cítricas e tropicais, cun fondo marcadamente especiado e resinoso, que fan desta cervexa algo realmente refrescante. Os lixeiros toques tostados do malte e o corpo de avea, casan co amargor propio do estilo.

DDH IPA
6´7% ABV - 60 IBU

Por que Irmaos de Lei?

Un produto en marcha e con grande acollida entre a clientela local.

Somos xente da terra

Facemos cervexa artesanal na nosa vila. Fabricamos en Galicia, na provincia de Pontevedra, o noso almacén sitúase en Vigo, co que o suministro é direto.

Usamos materias primas de calidade

De aí o fator diferencial dos nosos sabores e aromas. Non buscamos vender cervexa a calquera costa: mantemos o control sobre o produto para que chegue as maos do cliente no mellor estado.

Temos unha mentalidade enfocada á nosa comunidade:

Os subprodutos resultantes das elaboracións son aproveitados para alimentar o gando local e fertilizar os campos. Unha parte dos beneficios vai destinado a obras sociais e medioambientais na comunidade galega.

caixa cerveza irmaos de lei
caixa cerveza irmaos de lei
caixa cerveza irmaos de lei

Entregas a domicilio!



Entrega gratuita en Vigo
Reparto semanal na cidade.

Para máis información visita a nosa tenda online.

Envianos unha mensaxe

Contacta connosco